Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 1997 Páx. 1.065

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de L.M.T. A Lama-Forzáns ó C.T. de Xende, concello da Lama, a favor da empresa Eléctrica de Moscoso, S.L. (Expediente 340/1995 A.T.).

En cumprimento do ordenado no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co nº 6 do artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, fáiselles saber, en resumo, a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto de referencia do que a súa urxente ocupación foi outorgada polo Decreto 433/1996, do 13-12-1996, DOG nº 251, do 26-12 que, o día 26-2-1997, a partir das 11 horas se dará comezo ó levantamento sobre o terreo polo representante da Administración das actas previas á ocupación, correspondentes ós predios situados no concello da Lama, sinaladas cos números que en folla adxunta se detallan previndo os ditos interesados de que na respectiva notificación individual, que mediante cédula se lles practicará, coa debida anticipación legal o día e hora en que para cada un terá lugar a dita dilixencia, prevíndoos tamén de que nos ditos

actos poderán facerse acompañar dos seus peritos ou dun notario, pola súa conta, se así o considerasen conveniente.

A relación será fixada no taboleiro de anuncios do concello e no desta delegación.

Vigo, 15 de xaneiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Liña de media tensión ó C.T. XendeProvincia: Pontevedra

Concello: A Lama

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

2ValpradoAnuncia Muíños Camiñadescoñecido20260

12CarballalpradoAdelaida Malvar GonzálezCaneiras-Xende-A Lama37558

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

20DoscablespradoHdros. Hermosinda Barreirodescoñecido35530

22PumarpradoHdros. Hermosinda Barreirodescoñecido18312

24Portelamonte baixoHdros. Hermosinda Barreirodescoñecido14266

505