Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 1997 Páx. 1.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/299-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UDESA

Enderezo social: Avda. de Lugo, 125, 2º, 15000 Santiago de Compostela.

Denominación: L.M.T. de Papucín a S. Nicolás. C.T. de 50 kVA Frades.

Situación: municipio de Frades.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 2.010 m de lonxitude en conductor LA-56 que parte da L.M.T. Mesos-S. Martiño no apoio de derivación a C.T. Panica e final na L.M.T. a Papucín- C.T. aéreo de 50 kVA a 15/20 kV B2 no lugar de concello. Municipio de Frades.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 20 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

431