Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 1997 Páx. 1.013

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/268-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea fuso San Rosendo-Cristo. Ferrol.

Situación: municipio de Ferrol (A Coruña).

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 1.837 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 3(1x240 mm Al) a 15/26 kV que une os CC.TT. de Santa Cruz, Miramar, Atocha, Máximo Ramos, Gregorio Baudot, General Aranda, San Roque, Juan Balas e C.T. Espartero. Municipio de Ferrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 8 de xaneiro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

414