Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 1997 Páx. 972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/274-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea-C.T. e R.B.T. en R/ do Xeixo.

Situación: Ames-Teo.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 800 m de lonxitude, que parte do C.T. deno

minado Travesía do Porto, en tramitación, e final no C.T. que se vai construír denominado rúa do Xeixo. C.T. de 630 kVA, tipo interior.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 23 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

405