Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 1997 Páx. 968

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1997 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, a María Josefa Castro Balsa (praza 1366/1995).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución desta universidade do 21 de febreiro de 1996 (BOE do 18 de marzo de 1996) para a provisión da praza de profesora titular de universidade da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, da Universidade de Santiago de Compostela, a favor de María Josefa Castro Balsa, e cumprindo a persoa interesada os requisitos

a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Josefa Castro Balsa, profesora titular de universidade da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 1997.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

544