Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 1997 Páx. 928

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia contratación polo sistema de concurso mediante procedemento aberto e trámite de urxencia para a subministración de alimentación, material de papelería e imprenta, limpeza e hixiene sanitaria para a residencia asistida da terceira idade de Vigo, mediante tramitación anticipada de expediente de gasto.

De conformidade co establecido na Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

A Delegación Provincial de Pontevedra, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-los seguintes concursos públicos:

* Expediente 1/1996.

Obxecto: subministración de carnes, froitas e verduras.

Orzamento do contrato: 22.800.000 pesetas (vintedous millóns oitocentas mil pesetas).

* Expediente 2/1996.

Obxecto: subministración de pan e bolería, iogurt, lácteos e derivados varios.

Orzamento do contrato: 26.760.000 pesetas (vinteseis millóns setecentas sesenta mil pesetas).

* Expediente 3/1996.

Obxecto: subministración de conxelados e peixe fresco.

Orzamento do contrato: 21.840.000 pesetas (vinteún millóns oitocentas corenta mil pesetas).

* Expediente 4/1996.

Obxecto: subministración de material sanitario e material de limpeza.

Orzamento do contrato: 26.420.000 pesetas (vinteseis millóns catrocentas vinte mil pesetas).

* Expediente 5/1996.

Obxecto: subministración de papelería e imprenta.

Orzamento do contrato: 2.750.000 pesetas (dous millóns setecentas cincuenta mil pesetas).

Condicións de licitación:

1. Prazo de execución: desde a data de adxudicación ata o 31 de decembro de 1997.

2. Admisión de variantes: non se admitirán variantes ou alternativas na subministración.

3. Garantía provisional: non se esixe.

4. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia, mediante tramitación anticipada de gasto.

5. Clasificación: non se esixe.

6. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

7. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da lei 13/1995, do 18 de maio, dos contratos das administracións públicas (BOE nº 119, do 19 de maio).

8. Criterios de adxudicación:

* Calidade: 6 puntos.

* Prezo: 5 puntos.

* Servicio: 4 puntos.

* Medios técnicos e humanos cos que conte a empresa: 3 puntos.

* Execución a plena satisfacción de servicios semellantes: 2 puntos.

* Que a empresa teña no seu cadro de persoal un número de traballadores minusválidos non inferior ó 2% nos termos establecidos na disposición adicional 8 da LCAP: 1 punto.

9. Documentación que presentarán os licitadores: a esixida na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo (rúa Cánovas del Castillo, s/n), durante o prazo

de presentación de proposicións, desde as 10 ás 14 horas, en días hábiles agás sábados. Así mesmo, poderán examinarse na propia residencia asistida da terceira idade (Monte Arieiro s/n Bembrive) ou ben no Servicio de Administración e Xestión Económica da Dirección Xeral de Servicios Sociais e nos Servicios de Xestión Económica das restantes delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

11. Presentación de proposicións: efectuarase no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo, en sobres pechados en horario de 9 a 14 horas, ou ben por correo con xustificación da data de imposición e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

12. Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

13. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra en Vigo. Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o día hábil seguinte á mesma hora.

14. Os gastos derivados deste anuncio serán por conta das empresas adxudicatarias.

Vigo, 30 de decembro de 1996.

P.D. (Orde do 22-5-1996)

Jorge García-Borregón Millán

Delegado provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra

519