Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 1997 Páx. 923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/294-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. r/ Rosalía de Castro.

Situación: Oleiros.

Características técnicas: L.M.T. subterránea 15/20 kV, de 160 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. denominada a C.T. CTNE e final no C.T. que se constuirá denominado Rosalía de Castro. C.T. de 400 kVA tipo interior, denominado Rosalía de Castro, 35. R.B.T. aérea de 90 m de lonxitude en R.Z. e subterránea de 193 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 19 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

371