Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 1997 Páx. 921

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 442/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. e R.B.T. Ribeira Río Lérez-Pontevedra que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio número 18 que se vai substituír da L.M.T. Mourente-Pontevedra IV rematando no apoio número 21 a substituír da misma liña, concello de Pontevedra.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., soterrada, a 20 kV, de 370 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. R.B.T., soterrada, de 385 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Orzamento: 7.777.465 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 17 de decembro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

237