Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 1997 Páx. 920

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 440/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T., C.T. e R.B.T. cemiterio Pontesampaio, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio número 4 da L.M.T. Pontesampaio I rematando no paso aéreo soterrado no apoio número 1 da L.M.T. ó C.T. que se proxecta en cemiterio Pontesampaio, concello de Pontevedra.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., a 20 kV, aéreo-soterrada, de 103 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56 e 15 m de lonxitude o tramo soterrado con conductor tipo R.H.V. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T., aéreo-soterrada, de 15 m de lonxitude o tramo soterrado, con conductor tipo R.V. e 25 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo R.Z, sobre apoio de formigón.

Orzamento: 3.179.718 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el

as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 17 de decembro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

235