Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 1997 Páx. 920

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/295-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. interior e R.B.T. Rianxiño.

Situación: Rianxo (A Coruña).

Características técnicas: L.M.T. soterrada a 20 kV, de 90 metros de lonxitude, con orixe na L.M.T. denominada A.C.T. Formación profesional e remate no C.T. denominado Rianxiño. C.T. tipo interior, de 250 kVA. Enlace R.B.T. a 380/220 V. que parte de Rianxiño, cunha lonxitude de 60 metros en R.Z. e 95 metros en tramo soterrado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 12 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

239