Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 1997 Páx. 910

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1997, pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso de méritos da praza 1415/1996 de profesorado desta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade, e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6 do dito real decreto, mediante o que foron designados pola Secretaría xeral desta universidade os vocais correspondentes, e dado que se trata dun concurso de méritos e non dun concurso ordinario,

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán o concurso de méritos, para a provisión de varias prazas de profesorado desta universidade, convocada por resolución da Universidade de Santiago de Compostela, do 30 de xullo

de 1996 (BOE do 28 de agosto), e que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 1997.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: dereito romano.

Praza nº: 1415/1996.

Comisión titular:

Presidente.-Javier D'Ors Lois. C.U. Univ. Santiago de Compostela.

Vocal secretario.-Ana María González Bustelo. T.U. Univ. Santiago de Compostela.

Vocal 1º.-Luis Rodríguez Ennes. C.U. Univ. Vigo.

Vocal 2º.-Lucía Hernández Tejero García. T.U. Univ. Complutense de Madrid.

Vocal 3º.-María Luz Blanco Rodríguez. T.U. Univ. Valladolid.

Comisión suplente:

Presidente.-Antonio Fernández de Buján Fernández. C.U. Univ. Autónoma de Madrid.

Vocal secretario.-Marie Sixto da Silva. T.U. Univ. Santiago de Compostela.

Vocal 1º.-Ramón Herrera Bravo. C.U. Univ. Jaén.

Vocal 2º.-Amelia Castresana Herrero. T.U. Univ. Salamanca.

Vocal 3º.-María Jesús Casado Candelas. T.U. Univ. Valladolid.

97-442