Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a informa
ción pública a petición de instalación dunha L.M.T. e C.T. Petis-Loureiro, que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio n. 66 da L.M.T. Cangas-Bueu alimentado en bucle ó C.T. que se proxecta en Petis-Loureiro, rematando no apoio n. 68 que se vai substituír da mesma liña, concello de Bueu.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., soterrada, a 20 kV, de 120 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Orzamento: 6.723.128 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 17 de decembro de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
226