Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.
Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.
Denominación: reelectrificación de Camoira.
Situación: Lugo.
Características técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 284 metros, con conductor LA-30 de 31,1 mm Al, sobre apoios de formigón e torres metálicas. Centro de transformación de 50 kVA. 20.000/380-220 V, sobre torre metálica. Redes de baixa tensión en conductor RZ-50-25, sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico en Camoira, a Barreira e Maira, concello de Lugo.
Orzamento: 5.460.823 pesetas.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:
Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas insta
lacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 5 de decembro de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
234