Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.
Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo.
Denominación: reelectrificación de Robra.
Situación: Outeiro de Rei.
Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 55 mm Al, cunha lonxitude de 1.202 metros, sobre postes de formigón e torres metálicas. Centro de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V, sobre torre metálica. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico en Robra, no concello de Outeiro de Rei.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:
Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 4 de decembro de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
205