Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 1997 Páx. 826

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/83-2-4554 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo.

Denominación: reelectrificación de Paderne.

Situación: Castro de Rei.

Características técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 55 mm Al, cunha lonxitude de 706 metros, con apoios de formigón e torres metálicas. Dous centros de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V, en torres metálicas, en Abilleira e Paderne. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50, en apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico en Paderne, no concello de Castro de Rei.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 3 de decembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

197