Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 1997 Páx. 824

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 95/88-2-4347 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo.

Denominación: reelectrificación da Paradanova.

Situación: A Fonsagrada.

Características técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, de 493 metros de lonxitude, con conductor LA-56 de 55 mm de sección, sobre torres metálicas tipo C segundo RU-6704 A. Centro de transformación de 50 kVA, 20.000/380-220 V, instalado sobre unha torre metálica ó final das L.M.T. Paradanova. Redes de baixa tensión en conductores R.Z.-50, tensados sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico no lugar de Paradanova, no concello da Fonsagrada.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas insta

lacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 28 de novembro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

207