Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 1997 Páx. 820

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (25/1994).

Por medio da presente cédula e en virtude do acordado polo xulgado nos autos de xustiza gratuíta número 25/1994, promovidos por Mª Carmen Rodríguez Reyes, contra José Manuel Lorenzo García, cítase a Vde. para que o vindeiro día 10 de febreiro, ás 10.40 horas da mañá compareza perante este xulgado, sito no Palacio de Xustiza, rúa de Viena número 1, polígono das Fontiñas, co fin de asistir á celebración do xuízo, baixo apercibimento de que, non comparecido, será declarado en rebeldía.

E para que sirva de cédula de citación, estendo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vinte de decembro de mil novecentos noventa e seis.

Francisco Castiñeiras Fernández

Secretario do Xulgado

328