Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 1997 Páx. 818

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

CÉDULA de citación (124/1996).

En cumprimento do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribeira, Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, no xuízo verbal de faltas 124/1996, que se segue neste xulgado por danos e insulto, cítase en legal forma a María Rosa Mallo Varela, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 12 de febreiro de 1997, ás 11.15 horas, compareza perante a sala de audiencia deste xulgado, para asistir á vista do correspondente xuízo, advertíndoa de que, de non comparecer, recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito, e que deberá acudir cos medios de proba de que intente valerse.

E para que sirva de citación en forma para a súa publicación no DOG, expido e asino a presente cédula en Ribeira o sete de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

160