Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 1997 Páx. 813

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 1997 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de tecnoloxía electrónica, do departamento de Tecnoloxía Electrónica, a Enrique Soto Campos (praza 4/1996).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por

resolución da Universidade de Vigo, do 17 de xaneiro de 1996 (BOE do 14 de febreiro), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de tecnoloxía electrónica, do departamento de Tecnoloxía Electrónica, a prol de Enrique Soto Campos, DNI nº 36.072.576, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2 do artigo 5º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear profesor titular de universidade da área de coñecemento de tecnoloxía electrónica, do departamento de Tecnoloxía Electrónica, a Enrique Soto Campos.

Este nomeamento surtirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 3 de xaneiro de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

305