Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 1997 Páx. 780

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión celebrada o día 19 de decembro de 1996, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar, con carácter inicial, o estudio de detalle de dúas parcelas situadas na urbanización Aguar Mansas, en Laxe-Rutis, promovido por Francisco García-Cuenca Berenguer e Mª José Rodríguez Docampo e redactado polo arquitecto Francisco Luis Freire González, que ten por obxecto a agrupación das parcelas I-7 e I-8 resultantes do plan parcial e proxecto de parcelación do ámbito nunha única parcela I-7/8, na que se suman as edificabilidades e ocupación en planta das dúas parcelas orixinarias, permanecendo invariables o resto dos parametros do plan parcial.

Durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, poderá ser examinado o documento e formulárense as alegacións que se consideren pertinentes.

Culleredo, 8 de xaneiro de 1997.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde