Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 1997 Páx. 778

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Santa María Madre Cabaleiro Goás de Ourense, pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e polo trámite de urxencia (mediante expediente anticipado de gasto), para a contratación do servicio de electromedicina (C.P. 4/1996).

A Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Santa María Madre Cabaleiro Goás, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado í) do artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), convoca o seguinte concurso público.

Obxecto: contratación do servicio de electromedicina do Complexo Hospitalario Santa María Madre Cabaleiro Goás de Ourense.

Orzamento: 9.500.000 ptas. IVE incluído.

Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso público polo trámite de urxencia (mediante expediente anticipado de gasto).

Admisión de variantes: non se admiten variantes ou alternativas no servicio obxecto do presente prego.

Prazo de execución: desde a data de adxudicación do contrato ata o 31 de decembro de 1997.

Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas técnicas e demais documentación complementaria poderán ser solicitados no servicio de persoal do Hospital Santa María Madre, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Fianzas:

-Fianza provisional: queda dispensada a súa presentación de conformidade co establecido no artigo 36.2º da L.C.A.P., por tratarse dun contrato de servicio e se-la súa contia inferior á sinalada no artigo 204.2 da L.C.A.P.

-Fianza definitiva: será do 4% do orzamento de licitación.

Solvencia económica e financeira:

-Informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.

-Declaración relativa á cifra de negocios globais e dos servicios e traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

Solvencia técnica: deberá acreditarse por algún dos medios previstos no artigo 19 da Lei de contratos das administracións públicas.

Clasificación económica: non se precisa conforme o establecido no artigo 25 da L.C.A.P.

Criterios de adxudicación:

-Características funcionais, técnicas, económicas, de calidade e prestación do servicio, entre 0 e 3 puntos.

-Organización e funcionamiento do Servicio de Mantemento, entre 0 e 2 puntos.

-Experiencia en servicios similares, entre 0 e 2 puntos.

-Condicións económicas nas que se oferta o servicio, entre 0 e 1 punto.

-Prestacións e servicios adicionais ofertados, entre 0 e 1 punto.

Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do hospital, antes das 14 horas do décimo terceiro dia natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG ou enviados por correo. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988) 24 88 98 ou telegrama no mesmo dia, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Santa María Madre, ás 10 horas do décimo terceiro dia natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no seguinte día hábil.

Documentación que deberán achega-los licitadores: deberán achega-los documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario do concurso.

Ourense, 20 de novembro de 1996.

Miguel A. Santalices Vieira

Director-xerente do Complexo Hospitalario Santa María Madre Cabaleiro Goás de Ourense

377