Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.
Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.
Denominación: L.M.T. Subt. e C.T. en edificio C.P., en rúa-Arcadio Pardiñas.
Situación: Burela.
Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, con cable UNE D.H.Z.1 12/20 kV de 1x150 mm Al, cunha lonxitude de 142 metros. Centro de transformación de 400 kVA 20.000/400-231 ±2,5% ±5% V, para mellora do servicio na zona, Rúa-Arcadio Pardiñas, en Burela.
Orzamento: 5.928.270 ptas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.
Lugo, 28 de novembro de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
9444