Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 1997 Páx. 722

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

EDICTO.

Rematados os traballos de formulación da modificación puntual das vixentes normas subsidiarias das Pontes de García Rodríguez consistentes na creación dunha variante de acceso ó polígono dos Airios, de conformidade co previsto no artigo 125.1º en relación co 161.1º do Regulamento de planeamento urbanístico aprobado por Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño, en armonía co acordo plenario adoptado na sesión do día 31 de outubro de 1996, ábrese un período de información pública polo prazo de trinta días, para efectos de que poidan formularse suxestións e, se é o caso, outras alternativas de planeamento por corporacións, asociacións e particulares.

As Pontes de García Rodríguez, 11 de novembro de 1996.

Víctor Guerreiro Pena

Alcalde-presidente

224