Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 1997 Páx. 713

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 424/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T., C.T. e R.B.T. estación de servicio Seixo-Marín, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. ó C.T. de Seixo rematando no C.T. que se proxecta na estación de servcio de Seixo, concello de Marín.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., subterránea, de 30 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aéreo-subterránea, de 48 m de lonxitude, o tramo subterráneo, con conductor tipo R.Z. e 30 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Orzamento: 6.456.813 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el

as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 9 de decembro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

97-90