Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 1997 Páx. 702

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 9 de xaneiro de 1997 pola que se resolve parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do Servicio Galego de Saúde.

Convocada, pola Orde do 7 de novembro de 1996 (DOG nº 227, do 20 de novembro de 1996), a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 7 de novembro de 1996 (DOG nº 227 do 20 de novembro de 1996).

Segundo.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se relaciona no anexo á presente orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 1997.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Apelidos e nome: Rodríguez Barrio, Miguel.

N.R.P.: 3384925346 A2060.

Grupo: A.

Nivel C.D.: 30

Corpo ou clase: superior da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: subdirector xeral de Administración e Inspección.

Dependencia: Dirección Xeral de Servicios Sociai.

Localidade: Santiago de Compostela.

276