Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 1997 Páx. 700

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 1997, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se determina a composición das comisións dictaminadoras do concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, idiomas e ensinanzas artísticas.

A base décimo quinta da Orde do 21 de outubro de 1996 (DOG do 25), pola que se determina a composición das comisións dictaminadoras do concurso de traslados entre funcionarios pertencentes ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e dos corpos de catedráticos e profesores de música e artes escénicas, determina que a Dirección Xeral de Persoal designará as comisións dictaminadoras oportunas, que valorarán os méritos subxectivos presentados polos concursantes.

Na súa virtude, esta dirección xeral dispón:

Primeiro.-Formaranse catro comisións para o corpo de profesores de ensino secundario (dúas para a área de letras, unha para a área de ciencias e outra para a área de tecnoloxías) e unha para cada un dos corpos de profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Segundo.-Facer pública a composición das comisións dictaminadoras no anexo da presente resolución.

Actuará como secretario o funcionario que designe a Dirección Xeral de Persoal entre os que exerza as súas funcións na dita dirección xeral.

Terceiro.-As comisións poderán solicita-lo asesoramento dos funcionarios que exerzan a función inspectora en materia educativa e de funcionarios pertencentes ós corpos que, de acordo co establecido na base décimo quinta da Orde do 21 de outubro de 1996, poden formar parte da comisión sempre que non estean suxeitos ás incompatibilidades establecidas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto.-Os membros da comisión terán dereito a percibir asistencias conforme o previsto no Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño) e, conforme as clasificacións que recolle, estas comisións consideraranse incluídas na categoría primeira, as que teñan que avaliar méritos dos corpos correspondentes ó grupo A e, na categoría segunda, as que avalíen os méritos dos corpos incluídos no grupo B.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 1997.

Jaime García García.

Director xeral de Persoal

ANEXO

-Corpo de profesores de ensino secundario.

Área de letras, comisión número 1 (xeografía e historia, música, filosofía e inglés):

Presidente: Samuel Lago Fernández.

Vocais: José Ramón López Vázquez, Javier Travieso Mougán, Guillermina Domínguez Touriño e Aurelia Muñiz Pensado.

Área de letras, comisión número 2 (língua castelá e literatura, lingua e literatura galegas, latín, grego e francés):

Presidente: Constantino Freire Llamas.

Vocais: Francisco Javier Rodríguez Negreira, José Freire Camaniel, Pilar Lorenzo Rivas e Primitiva Isidro Gómez.

Área de ciencias:

Presidente: José María Arias Quintairos.

Vocais: María Teresa Otero Suárez, Gemma Garrido Castromán, María Pilar Pérez Rodríguez e Santiago Mayer Viña.

Área de tecnoloxías:

Presidenta: Rosa Pérez Santiago.

Vocais: Gregorio Santos Pereira, Dolores García Lasanta e Andrés Botana Caeiro.

-Corpo de profesores técnicos de formación profesional.

Presidente: Manuel Cela Castro.

Vocais: Flora Liñares García, Isabel Rodríguez Rodríguez, Francisco Fianza Castro e Ramón Rey Sánchez.

-Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas.

Presidente: Manuel Ramos Chouza.

Vocais: Lois Barros Díaz, Esperanza Moreiras Cuñarro, María Carmen Hernández Cantos e María José Areoso Fernández.

-Corpo de profesores de artes plásticas e deseño.

Presidente: Juan López Pérez.

Vocais: Severo Jesús Cebeiro Santiso, José Bibián Lorenzo, Rafael Romero Masiá e Josefa Ballesteros García.

-Corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Presidente: Juan López Pérez.

Vocais: Laura García Agra, José Lema Caamaño, Manuel Pereira Calvo e José Antonio Rey Díaz.

-Corpo de profesores de música e artes escénicas.

Presidente: Eduardo Fernández Area.

Vocais: Rodolfo García Alonso, Fernando Fernández Ibuzquiza, Carlos Iglesias Borrajo e Marcos Díaz Fuente.

350