Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 1997 Páx. 669

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de l996, da Dirección Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación polo sistema de concurso público e procedemento aberto mediante expediente anticipado de gasto da subministración sucesiva de reactivos destinados ó laboratorio de hematoloxía para a realización de probas de coagulación (C.P. 1/1997) e da subministración sucesiva de lentes intraoculares (CP 2/1997).

A Dirección Xerencia do Hospital da Costa de Burela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme ó establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de l996 (DOG nº 111 do 6 de xunio) convoca expedientes de contratación polo sistema de concurso público e procedemento aberto mediante expediente anticipado de gasto de:

* CP 1/97, subministración sucesiva de reactivos destinados o laboratorio de hematoloxía para a realización de probas de coagulación. Orzamento:

8.400.000 ptas. (oito millóns catrocentas mil pesetas), IVE incluído.

* CP 2/97, subministración sucesiva de lentes intraoculares. Orzamento: 3.500.000 ptas. (tres millóns cincocentas mil pesetas), IVE incluído.

I. Prazo de execución.

Desde a sinatura do contrato ata o 31-12-1997 con posibilidade de prórroga por anos naturais.

II. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministración do Hospital da Costa, Tlfno. (982) 58 99 07 e fax (982) 58 99 08, durante o prazo de admisión de proposicións.

III. Admisión de variantes.

* CP 1/97: admítense todo tipo de propostas que supoñan unha mellora no obxecto do contrato, sempre e cando se cumpra o estipulado nas prescricións técnicas.

* CP 2/97: non se admiten.

IV. Solvencia económica e financeira.

Deberá acreditarse por algún dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio).

V. Solvencia técnica.

Deberá acreditarse por algún dos medios previstos no artigo 18 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio).

VI. Criterios de adxudicación.

* CP 1/97:

Medios técnicos: ata 7 puntos.

Asistencia técnica: ata 6 puntos.

Prezo: ata 5 puntos.

Control de calidade: ata 5 puntos.

* CP 2/97:

Prezo: ata 4 puntos.

Mantemento stock constante: ata 3 puntos.

Servicio: ata 3 puntos.

VII. Fianzas.

Deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación. A devandita fianza constituirase segundo o disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

VIII. Clasificación.

Non se esixe.

IX. Presentación das proposicións.

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados ou asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Hospital da Costa de Burela antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Hospital da Costa a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

X. Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

XI. Documentación que deberán achega-los licitadores.

Os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

XII. Anuncios.

O pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios do contrato.

Burela, 8 de novembro de l996.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Hospital da Costa de Burela

0047