Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 1997 Páx. 666

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 20 de decembro de 1996, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se fai pública a resolución do recurso ordinario do expediente sancionador PO-0083-1996.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas que se citan a continuación, a resolución do recurso ordinario do expediente instruído por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

O dito interesado dispón dun prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula, para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra) da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (r/ Palma, 4-Vigo) e presenta-lo recurso correspondente.

Nº de expediente: PO-0083-96.

Denunciado: Jesusa Cacabelos Otero.

Enderezo: Confín, 118-O Grove-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.7º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: vintecinco mil unha pesetas (25.001 ptas.).

Recurso ordinario presentado o día: 1 de xullo de 1996.

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria, confirmando a sanción de vintecinco mil unha pesetas (25.001 ptas.).

Vigo, 20 de decembro de 1996.

Juan Manuel Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo (Pontevera)

97-119