Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 1997 Páx. 650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Asistencia técnica voo, apoio de campo e restitución analítica da obra de acondicionamento da estrada LU-170. Treito: Momán-Parga.

Adxudicatario: Topogal, S.L.

Orzamento: 4.044.572 ptas.

Asistencia técnica redacción para o control e vixilancia das obras de acondicionamento da estrada Lugo-Friol. Treito: T.M. Lugo.

Adxudicatario: Proyectos y Obras de Galicia, S.A.

Orzamento:10.910.682 ptas.

Asistencia técnica redacción do proxecto de vía rápida Padrón-Ribeira. Treito: Padrón-Vacariza.

Adxudicatario: Ciesa.

Orzamento:9.731.820 ptas.

Asistencia técnica control e vixilancia das obras: acondicionamento AC-431. Treito: Agrelas-Laxe e acondicionamento AC-430. Treito: Ponteceso-Agrelas.

Adxudicatario: Ciisa.

Orzamento:10.452.389 ptas.

Asistencia técnica para o control e vixilancia das obras de construcción de conexión de Cambados coa rede viaria de alta capacidade do Salnés.

Adxudicatario: Estudios del Noroeste, S.A.

Orzamento: 10.307.723 ptas.

Asistencia técnica para o control e vixilancia das obras: nova estrada de enlace entre C-543 e N-550. Treito: Rocha-Vidán.

Adxudicatario: Estudio Técnico Gallego, S.A.

Orzamento: 10.989.618 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 de la Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 1997.

(P.D. Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Teritorial, Obras Públicas e Vivenda

6867