Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 1997 Páx. 647

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1996 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de dereito procesual, do departamento de Dereito Público Especial, a Agustín Jesús Pérez-Cruz Martín.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade, do 2 de outubro de 1995 (BOE do 31 de outubro), para a provisión da praza nº 95/044 de catedrático de universidade da área de coñecemento de dereito procesual, do departamento de Dereito Público Especial desta universidade, a favor de Agustín Jesús Pérez-Cruz Martín, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos ós que alude o apartado 2º do Art. 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo Art. 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Agustín Jesús Pérez-Cruz Martín, catedrático de universidade da área de coñecemento de dereito procesual, do departamento de Dereito Público Especial desta universidade.

A Coruña, 23 de decembro de 1996.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

97-72