Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 1997 Páx. 604

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

EDICTO do 2 de decembro de 1996 polo que se publica o acordo de aprobación definitiva do proxecto de urbanización tras CM. Camiño dos Carboeiros.

O Pleno do Concello, en sesión extraordinaria celebrada o día 28 de novembro de 1996, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización de iniciativa particular tras CM. Camiño dos Carboeiros.

Contra o presente acordo poderá interpoñerse recurso contencioso administrativo dentro do prazo de dous meses contados desde o seguinte ó da súa publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, logo da comunicación a este concello.

O Carballiño, 2 de decembro de 1996.

O alcalde

Rubricado