Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 1997 Páx. 604

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do 7 de outubro de 1996, acordou aprobar incialmente o PERI 5 Paradela-1, formulado por Antonio Davil Novoa García e redactado polos arquitectos Pena Fernández e Sáez Silva, con visado do COAG, do 26-2-1996, segundo os informes e demais documentación do expediente número 3496/411. As unidades de execución delimitadas neste desenvolveranse polo sistema de cooperación. Con anterioridade á exposición ó público do expediente, deberá presentarse documentación corrixida pola que a zona 4.6 se dedica na sua totalidade a aparcamento público de cesión.

O Consello da Xerencia de Urbanismo, en sesión do día 9 de decembro de 1996, acordou prestarlle conformidade á nova documentacion presentada polos redactores do PERI 5 Paradela-1 en Teis (expediente número 3496/411), solicitada polo acordo plenario do 7-10-1996, que aprobou inicialmente o PERI de referencia, e coa seguinte particularidade: as obras de urbanización do aparcamento público serán por conta dos propietarios.

O que se fai público para que durante o prazo dun mes se poida examina-lo expediente na oficina de Información de Urbanismo deste concello e presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Vigo, 26 de decembro de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo

9443