Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 1997 Páx. 603

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-256).

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 25 de outubro de 1996, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle sobre as parcelas W, X, Y, Z, do plan parcial de Icaria, en Montrove-Liáns.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó que reciba a presente notificación. De interpoñelo, advírteselle que o artigo 110.3º da lei, require a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado. Tamén poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no apartado 2 do mesmo artigo 118. Todo isto, sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia á que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da citada lei.

Oleiros, 29 de novembro de 1996.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

16