Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 1997 Páx. 603

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o 20 de decembro de 1996, aprobou definitivamente o estudio de detalle promovido por Marta e Concepción Lago Paganini, no que se pretende a modificación do eixo directo da rúa que discorre perpendicular á Avda. de Pontevedra, o que se fai público para os efectos previstos no artigo 140.6 do Regulamento de planeamento urbanístico.

Cangas, 13 de decembro de 1996.

Euloxio López Gutiérrez

Alcalde

181