Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 1997 Páx. 600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/228-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T.

Situación: Mirandela. Pobra do Caramiñal.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 443 metros de lonxitude, con orixe na L.M.T. denomianda polígono da Tomada (expediente 96/72-1), e remate no C.T. que se vai construír denominado Mirandela (A Pobra do Caramiñal).

C.T. tipo intemperie de 100 kVA.

R.B.T. a 380/220 V, que parte do C.T. denominado Mirandela, cunha lonxitude de 275 metros en R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 16 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

0085