Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 1997 Páx. 599

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 1996, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete a información pública o estudio informativo e o estudio de efectos ambientais do proxecto de trazado da nova estrada de Vendas de Narón a Rosario (clave: N/LU/90.5.).

Aprobado tecnicamente, por resolución da Dirección Xeal de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia, con data 23 de xuño de 1996, o estudio informativo proxecto de trazado da nova estrada de Vendas de Narón a Rosario, (clave: N/LU/90.5.), sométese ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio do Boletín Oficial del Estado, co fin de que as persoas que o consideren oportuno, poidan formular por escrito perante o Servicio Provincial de Estradas de Lugo, as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia; sinálase que o citado estudio informativo se pode examinar durante ó dito período, en horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes e na Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, ámbalas dúas pertencentes á Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Así mesmo, sométese ó trámite de información pública o estudio de efectos ambientais contido no estudio informativo durante o período de quince días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia segundo o disposto na Lei 1/1995, de 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia e no Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de sometemento a declaración de efectos ambientais

de Galicia, estando a exposición ó público para este efecto na Comisión Provincial de Medio Ambiente de Lugo e nos concellos afectados.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 1996.

Guillermo Grandío Chao

Subdirector xeral de Estradas

0087