Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 1997 Páx. 564

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ADQUISICIÓN de material.

O Instituto Galego de Medicina Técnica está interesado na adquisición de material para a Unidade de Radioterapia situada no Hospital do Meixoeiro en Vigo.

Expediente: RT/07/96.

Concepto: dotación taller de dosimetría, un cortador de bloques de porespán.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas administrativas do Instituto no Hospital do Meiroxeiro (planta 0, anexo II), Meixoeiro, s/n, Vigo, de 9 a 14 horas. O prazo de presentación de ofertas é de dez días naturais a partir da data de publicación no DOG.

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións particulares, técnicas e demais documentación complementaria poden ser

solicitados nas oficinas do Instituto no Hospital do Meixoeiro, no horario sinalado, ou no teléfono (986) 81 11 80, fax (986) 81 11 82.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 1997.

Xosé Carlos Abal López-Valeiras

Director xerente do Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A.

9113