Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 1997 Páx. 561

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARZÚA

ANUNCIO.

Rematados os traballos de revisión das normas subsidiarias de planeamento, nun grao de desenvolvemento que permite formula-los criterios, obxectivos e solucións xerais de planeamento.

De conformidade co disposto no artigo 125.1º do Regulamento de planeamento urbanístico (aprobado polo Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño) a corporación municipal acordou anuncia-la exposición ó público de tales traballos, na dependencia destinada para iso dentro da Casa do Concello, durante un prazo de trinta días hábiles, contados desde o día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP, co obxecto de que poidan formularse suxestións e, se é o caso, outras alternativas de planeamento por corporacións, asociacións e particulares.

O dito prazo poderá ser prorrogado por un mes se, a criterio do técnico municipal, resultase insuficiente para poder recoller tódalas suxestións e alternativas de planeamento que estivesen presentándose ou considere que se vaian presentar.

Ó mesmo tempo faise saber que naqueles supostos en que sexa preciso realizar calquera consulta de carácter técnico, en relación cos traballos de revisión realizados, o horario de atención ó público, por parte do técnico municipal ou, se é o caso, dun dos técnicos do equipo redactor dos traballos, será desde as 17 horas ata as 19 horas, tódolos martes, xoves e venres abranguidos no período da exposición pública.

En Arzúa, tres de decembro de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Moscoso López

Alcalde

9342