Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 1997 Páx. 560

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 1997 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a selección dunha mutua de accidentes de traballo e continxencias profesionais co obxecto que se indica.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº do expediente: P1/97.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición e cobertura das continxencias profesionais e o establecemento do servicio de prevención da Universidade de Vigo.

b) Prazo de vixencia: será o disposto no prego de bases.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Concurso público.

4. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade de Vigo. Serv. de Xest. Económ. e Contratación.

b) Domicilio: r/ Oporto, nº1-2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Teléfono: (986) 81 35 71.

e) Telefax: (986) 81 35 54.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

5. Requisitos específicos do contratista: os indicados no prego de bases.

6. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o vixésimo día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que se presentará: a indicada no prego de bases.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2ª Domicilio: r/ Oporto nº 1-planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

7. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/ Oporto, nº 1-1ª planta.

c) Localidade: Vigo 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

8. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 9 de xaneiro de 1997.

P.D. (R. 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

9516