Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 1997 Páx. 536

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 1997 pola que se fan públicos algúns dos acordos da comisión encargada da selección dos participantes nos cursos XIV, XV, XVI, XVII e XVIII para a obtención do diploma de directivo.

Á vista do acordado na reunión do día 10 de xaneiro de 1997 pola comisión encargada da selección dos participantes nos cursos nos cursos XIV, XV, XVI, XVII e XVIII para a obtención do diploma de directivo convocados por Resolución do 30 de agosto de 1996 (DOG nº 174, do 5 de setembro),

RESOLVO:

Primeiro.-Anuncia-la publicación da relación provisional de excluídos da participación nos cursos XIV, XV, XVI, XVII e XVIII para a obtención do diploma de directivo.

Segundo.-Anuncia-la publicación da relación de admitidos para participar no proceso selectivo dos XIV, XV, XVI, XVII e XVIII cursos para a obtención do diploma de directivo, coas puntuacións correspondentes conforme o baremo aplicable.

Terceiro.-As devanditas relacións estarán expostas no taboleiro de anuncios da EGAP. Tamén serán remitidas ó Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e ás delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarto.-Fixar un prazo de cinco días para que os interesados poidan aduci-las alegacións que consideren oportunas.

Quinto.-Publica-la puntuación mínima esixida para ser convocado á realización da entrevista. A dita puntuación fíxase en 0,17 puntos.

Sexto.-Anunciar que a lista definitiva de participantes se publicará só no taboleiro de anuncios da EGAP.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 1997.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

0155