Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 1997 Páx. 499

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación de expediente sancionador E.N.-39/1996 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Que, así mesmo, designo instructura do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen as alegacións, achegaren os documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8).

Pontevedra, 12 de decembro de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: E.N-39/96

Denunciado: Antonio Riestra Pita.

Último enderezo coñecido: r/ Arturo Soria, 330-4º.

Feito denunciado: circular cun vehículo todo terreo (de cor gris azulada, marca Toyota, modelo Landcruiser, matrícula M-6285-OG), polas dunas dentro dun espacio natural, complexo intermareal Umia-O Grove, o día 9 de agosto de 1996, localidade de San Vicente.

Precepto infrinxido: Art. 38.2º da Lei 4/1989, dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Precepto sancionador: Art. 38 da Lei 4/1989, dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Sanción: 15.000 ptas.

9613