Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 1997 Páx. 496

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 653/1996).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Maderas Clemente López y Cía, S.L., con enderezo social Morpeguite s/n, municipio de Muxía provincia da Coruña, para autorización administrativa da instalación seguinte:

Planta de coxeración grupo «d» composta polos seguintes elementos: catro motores alternativos de combustión interna, funcionan con gasóleo de 1.140 kW mecánicos cada un. Catro xeradores síncronos trifásicos de 1.350 kVA cada un, cunha tensión de xeración de 0,38 kV. Un centro de transformación 20/0,38 kV con catro transformadores de 1.600 kVA cada un. Instalacións auxiliares e complementarias e interconexión coa rede da compañía eléctrica distribuídora. Municipio de Muxía.

Orzamento: 56.630.000 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 3 de xaneiro de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial de A Coruña

114