Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 1997 Páx. 495

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 1996 pola que se lle dá publicidade á adxudicación do concurso polo procedemento aberto dun contrato de subministración e instalación dun servidor de aplicacións para a Consellería de Industria e Comercio.

Entidade adxudicataria: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Secretaría Xeral.

Número de expediente: 13/96.

Obxecto do contrato: adquisición dun servidor de aplicacións que lles dará soporte ós sistemas informáticos da Consellería de Industria e Comercio, así como a adquisición do software básico necesario para o seu funcionamento.

Tipo de contrato: subministración.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 31 de outubro de 1996.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: oito millóns cincocentas mil pesetas (8.500.000 ptas.).

Adxudicación:

Data: 10 de decembro de 1996.

Contratista: Coremain, S.L.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: oito millóns trescentas noventa e nove mil pesetas (8.399.000 ptas.).

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 1996.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio

9707