Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 1997 Páx. 491

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/215-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Cuns-Sordíns e CC.TT. Moucos-Sordíns.

Situación: Coristanco.

Características técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos y de

formigón e con conductor LA-56: de 2.296 m de lonxitude, con orixe na liña Trabe-Cuns e final na derivación a Picotos. De 398 m de lonxitude, con orixe na liña Cuns-Sordíns e final no C.T. que se instalará en Moucos. De 212 m de lonxitude, con orixe na anterior e C.T. que se instalará en Sordíns. Centros de transformación aéreos, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Moucos e Sordíns, dos que parten redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 855 m de lonxitude. Coristanco.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 5 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9689