Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 1997 Páx. 489

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente Paxareiras II-D, 5/96).

Para os efectos previstos no Decreto 205/1965, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude da empresa Euro Vento, S.L. Universonal, con enderezo na r/ Galeras, 17, andar 3, oficina 3, de Santiago de Compostela, para a Autorización Administrativa do Parque Eólico de Paxareiras II D, e en base ós seguintes datos:

-Concellos afectados: Dumbría.

-Superficie afectada e coordenadas: 5 124,5 Ha e V (0 492 000 W, 4 750 000 N), V (0 488 600 W, 4 750 000 N), e V (0 485 000 W, 4 756 000 N), V4 (0 485 000 W, 4 761 000 N), V5 (0 488 818 W, 4 762 272 N), V6 (0 490 000 W, 4 754 000 N), W7 (0 492 000 W, 4 754 000 N), V8 (0 492 000 W, 4 750 000 N).

-Potencia que se instalará: 23,4 MW.

Durante o prazo de vinte días, poderanse presentar solicitudes en competencia, axustándose ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995 da Xunta de Galicia.

A Coruña, 22 de novembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9683