Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 1997 Páx. 462

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1996, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0001629/1996, interposto polo Club Patín A Coruña.

Con data 13 de decembro de 1996, o Comité Galego de Disciplina Deportiva recibe da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 01/0001629/1996, interposto polo Clube Patín A Coruña contra resolución do Comité Galego de Disciplina Deportiva, do 4 de outubro de 1996, sobre desclasificación do corredor Jorge Platas na carreira senior de 10.000 metros (campionato de pista).

En consecuencia, esta Secretaría Xeral para o Deporte acordou con data 18 de decembro, e de conformidade co disposto no artigo 64, da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do expediente administrativo á referida sala, o que se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas personas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer como parte en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 1996.

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

9711