Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 1997 Páx. 455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía-Presidencia número 0252/96, acordouse prestar aprobación inicial ó estudio de detalle na praza José Dapena, promovido por Julio Fernández Alonso, en representación de Vinos del Noroeste, S.L., redactado por técnico competente.

O expediente sométese a información pública por espacio de quince días a partir da inserción do correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 117 do texto refundido da Lei do solo e 140 do regulamento de planeamento urbanístico.

Durante o referido prazo poderanse formula-las alegacións que se consideren pertinentes.

O expediente poderá ser consultado na secretaría xeral do Concello de Betanzos (2ª planta, Casa do Concello, praza da Constitución nº 1).

O que se fai público para xeral coñecemento.

Betanzos, 2 de decembro de 1996.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde-presidente

129