Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 1997 Páx. 453

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1996, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto e tramitación anticipada para a contratación dunha subministración de sistemas de administración de osíxeno e outros para 1997 (C.P. 12/1997).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministración de sistemas de administración de osíxeno e outros para 1997.

Orzamento: 11.632.296 ptas.

Garantía provisional: 232.646 ptas.

-Lote 1: gafas de osíxeno.

Orzamento: 1.190.000 ptas.

Garantía provisional: 23.800 ptas.

-Lote 2: pipa microneb. p/mediación.

Orzamento: 1.500.960 ptas.

Garantía provisional: 30.019 ptas.

-Lote 3: máscara microneb p/medicación.

Orzamento: 1.214.336 ptas.

Garantía provisional: 24.287 ptas.

-Lote 4: humidif. auga estéril 500 cc.

Orzamento: 3.060.000 ptas.

Garantía provisional: 61.200 ptas.

-Lote 5: Humidific. tubo (nariz) adulto.

Orzamento: 3.497.000 ptas.

Garantía provisional: 69.940 ptas.

-Lote 6: mascarilla de oxígeno.

Orzamento: 1.170.000 ptas.

Garantía provisional: 23.400 ptas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e tramitación anticipada.

Plazo de entrega: a primeira entrega os quince días desde a notificación da adxudicación o contratista. O resto segundo necesidade comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica y técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 60 %.

Calidade dos materiais: 20 %.

Servicio técnico da subministración: 20 %.

Documentos de interese para os licitadores: o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (Planta Terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 -A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e firmadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario (Planta Baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimosexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na Sala de Xuntas de Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso

de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán aportar os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 9 de decembro de 1996.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

9627