Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 1997 Páx. 452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1996, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto e tramitación anticipada para a contratación dunha subministración de xiringas dun só uso para 1997 (C.P. 10/1997).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministro de xiringas dun só uso para 1997.

Orzamento: 16.956.550.

Garantia provisional: 339.131 ptas.

-Lote 1: xiringa de 10 ml, 2 ml, 20 ml e 5 ml

Orzamento: 7.419.000 ptas.

Garantía provisional: 48.380 ptas.

-Lote 2: xiringa catéter 50 ml, aliment..

Orzamento: 1.650.000 ptas.

Garantía provisional: 33.000 ptas.

-Lote 3: xiringa 1 ml. 0,5X16 mm.

Orzamento: 1.060.000 ptas.

Garantía provisional: 21.200 ptas.

-Lote 4: xiringa insulina.

Orzamento: 892.000 ptas.

Garantía provisional: 17.840 ptas.

-Lote 5: xiringa Luer 5 ml.

Orzamento: 550.000 ptas.

Garantía provisional: 11.000 ptas.

-Lote 6: xiringa Luer-Lock 50 ml.

Orzamento: 550.000 ptas.

Garantía provisional: 11.000 ptas.

-Lote 7: xiringa para gases.

Orzamento: 4.670.550 ptas.

Garantía provisional: 93.411 ptas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e tramitación anticipada.

Plazo de entrega: a primeira entrega os quince días desde a notificación da adxudicación o contratista. O resto segundo necesidade comunicadas polo Servicio de Compras e Subministros.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica y técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 60 %.

Calidade dos materiais: 20 %.

Servicio técnico do subministro: 20 %.

Documentos de interese para os licitadores: o Prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 -A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e firmadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimosexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na Sala de xuntas de xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do decimo primeiro día natural contado dende o seguinte a aquél no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán aportar os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 9 de decembro de 1996.

Jesús Caramés Bouzán

O Director-Xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza

9625