Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 1997 Páx. 451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sobre modificacións, disolucións, cancelacións e baixas provisionais das sociedades agrarias de transformación que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta secretaría xeral e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das modificacións, disolucións, cancelacións e baixas provisionais das sociedades agrarias de transformación, conforme ó Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e á orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 29 de abril de 1988, inscritas no rexistro de SSAATT de Galicia, que se citan.

Modificacións de,

A Sociedade Agraria de Transformación Productores Asociados de Cerceda, SAT nº 920 XUGA, na asemblea xeral do 28-6-1996, acordan aprobar por unanimidade amplia-lo obxecto social en: a compravenda de pensos, fertilizantes, sementes, herbicidas, insecticidas, semen, productos fitosanitarios, compra de maquinaria en común e realización de traballos agrícolas con ou sen maquinaria.

A Sociedade Agraria de Transformación Bodegas Señorío de Valdeorras, SAT nº 645 XUGA, na asemblea do 7-10-1993 (en copia certificada da acta protocolizada ante notario) acordan por unanimidade outorgar poder con amplas facultades, a favor de Alfonso Pablo, Prado Gayoso.

Disolucións de,

A Sociedade Agraria de Transformación Agrupación Forestal Orza-sabrexo, SAT nº 762 XUGA, na asemblea xeral do 13-7-1996 acordan por unanimidade dos seus socios aproba-la disolución da SAT e o nomeamento dos socios liquidadores.

A Sociedade Agraria de Transformación Condasat, SAT nº 505 XUGA, na asemblea xeral do 22-11-1996, con 3 puntos na orde do día, acordan por unanimidade do 70% dos seus socios asistentes aproba-la disolución da SAT e o nomeamento dos socios liquidadores.

Cancelacións de,

A Sociedade Agraria de Transformación Agrupación Forestal Orza-Sabrexo, SAT nº 762 XUGA, na asemblea xeral do 15-7-1996, acordan por unanimidade de tódolos seus socios, aproba-las contas, da comisión liquidadora e solicita-la cancelación da SAT.

Baixas provisionais de,

A Sociedade Agraria de Transformación Visones de Bangueses, SAT nº 679 XUGA, por acordo do 24-9-1996, da Delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria dáse de baixa no índice de entidades. Prodúcese para este ente xurídico por imperativo legal, a suspensión de tramitacións administrativas neste rexistro de SSAATT, en tanto en canto permaneza esta situación.

A Sociedade Agraria de Transformación Visones de Soneira, SAT nº 534, XUGA, por acordo do 12-11-1996, da Delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria, dáse de baixa no índice de entidades. Prodúcese para este ente xurídico, por imperativo legal, a suspensión de tramitacións administrativas neste rexistro de SSAATT, en tanto en canto permaneza esta situación.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 1996.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

9607